Imposto sobre actividades económicas é un tributo directo de carácter real, no que o feito impoñible está constituído polo exercicio en territorio nacional de actividades empresariais, profesionais ou artísticas.
Imposto sobre bens inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles sitos no municipio de Cambados.
 Imposto sobre construción, Instalacións e Obras: constitúe o feito impoñible, a realización do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para que se esixa a obtención da correspondente licenza urbanística; téñase  concedida ou non dita licenza, sempre que esta concesión corresponda a este concello.
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo directo, que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
A taxa de recollida de lixo consiste: na recollida de lixo, de recepción obrigatoria, que se establece pola prestación do servizo de recollida de  residuos sólidos urbanos no termo municipal de Cambados, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento.

 

Centro de atención ó contribuínte

  • Información sobre dúbidas tributarias e outros ingresos públicos (impostos sobre bens inmobles, actividades económicas, vehículos, construcións, plusvalías, taxas sobre lixo ou auga, e multas de tráfico, entre outros)
  • Remisión de documentación (solicitudes, cartas de pagamento, etc.)
  • Asesoramento sobre xestións tributarias (domiciliación de pagamentos, fraccionamientos, e actualización de datos, entre outros)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies